Santa Mariña de Guitiriz

Unha ladeira da Terra Chá. Un goteo de persoas chegando, buscando unha sombra, despregando sillas, toallas, sentando nas rochas. Charlas, risas, picnic. Pasa como unha hora e alguén di "xa se ve!", "sí, sí, un poquito por abajo!". Segue goteando xente e a luz perdendo intensidade. "Menos mal que traje una linterna, jajaja", "non sei onde carallo metín a chave do coche, como me estabades falando todos á vez cando pechei...", "mira mira, xa lle comeu un bo cacho!", etc. Ata que a luz baixa claramente, e o rumor tamén baixa. Todo o mundo sentado na ladeira coas gafas postas e atendendo. Queda un fío de Sol. Ao mesmo ritmo que desaparece a luz, desaparecen as palabras. Logo, no equilibrio da totalidade, unha mestura de silencio e onomatopeas, gritos, aplausos. (...)
A foto desde o outro lado: millóns de humanos xuntos emocionados quitando as gafas rectangulares e mirando.
13/8/26